Política de Privacidade
En Academia 2.0 tomamos moi en serio a privacidade dos teus datos. Esta política explica como recollemos, usamos e protexemos a túa información persoal.
1. Responsable do Tratamento
Titular: David Fernández Corredoira
DNI: 33558014W
Domicilio: Rúa Angelo Colocci, 29, 27003 Lugo, España.
Email: academia2punto0@gmail.com
O titular do sitio web Academia 2.0 é David Fernández Corredoira. As actividades formativas informadas nesta web son impartidas polo titular en colaboración cos profesionais docentes independentes Francisco Pérez Fernández e Pablo Fernández Santiso.
2. Datos Recollidos
Só recollemos os datos que ti nos forneces voluntariamente a través de:
- Formularios xestionados por Google.
- Comunicacións vía WhatsApp ou correo electrónico.
Non recollemos datos de navegación, non instalamos cookies de seguimento nin utilizamos ferramentas de analítica de terceiros.
3. Finalidade do Tratamento
Os teus datos personais utilizaranse exclusivamente para:
- Atención de consultas: Responder as túas solicitudes de información ou contacto.
- Xestión de reservas e inscricións: Tramitar a solicitude de praza e formalizar a matriculación na academia.
- Xestión académica e administrativa: Levar a termo a impartición das clases, seguimento educativo do alumnado, control de asistencia, xestión de cobros, facturación e mantemento das comunicacións operativas relativas ao curso.
- Tratamento de datos de menores: No caso de alumnos menores de idade, a recollida e tratamento de datos realízase baixo a previa autorización dos seus pais, nais ou titores legais.
4. Lexitimación
A base legal para o tratamento dos teus datos é o consentimento que nos outorgas ao contactar con nós ou completar o formulario de reserva, así como a execución do contrato de prestación de servizos educativos. En calquera momento podes retirar o devandito consentimento sen que iso afecta á licitude do tratamento previo á súa retirada.
5. Destinatarios e Encargados do Tratamento
Os teus datos non serán cedidos nin vendidos a terceiros, agás existencia dunha obriga legal.
Para a correcta prestación do servizo e a xestión da actividade, utilizamos ferramentas de provedores externos que actúan en calidade de Encargados do Tratamento baixo as nosas instrucións e aplicando as medidas de seguridade correspondentes:
- Google LLC: Provedor técnico do servizo de infraestrutura de formularios en liña (Google Forms) e aloxamento de correo electrónico na nube.
- Meta Platforms, Inc. (WhatsApp): Canle de mensaxería para comunicacións operativas.
6. Conservación dos Datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres sexan precisos para a finalidade para a que foron recadados e non se solicite a súa supresión polo interesado. Unha vez finalizada a relación, os datos bloquearanse durante os prazos legalmente establecidos e posteriormente eliminaranse de forma segura.
7. Os teus dereitos
De acordo co RXPD e a LOPDGDD, podes exercer os seguintes dereitos enviando un correo electrónico a academia2punto0@gmail.com:
Así mesmo, tes dereito a presentar unha reclamación perante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) se consideras que o tratamento non se axusta á normativa vixente.